Oficina CEER
 13-07-2010
UN ESTUDO SOBRE O QUIXOTE REALIZADO NO CAMPUS DE LUGO ESPERTA INTERESE EN XAPÓN

O estudo ¿Qué significa el Quijote para la historia de la lengua española? elaborado polo profesor de Lingua Española na Facultade de Humanidades de Lugo Carlos Folgar Fariña espertou o interese do hispanista da Universidade de Kioto, Shoji Bando, que publicará a súa tradución ao xaponés.

O traballo realizado por Folgar aparece no volume Lecciones sobre la lengua del Quijote, publicado no ano 2007 pola editorial luguesa Axac dentro da súa colección ‘Ariadna’.

O profesor Shoji Bando, director da Revista de Estudos Hispánicos de Kioto e estudoso entre outros temas das ideas lingüísticas de Cervantes, recibiu xa o visto e prace da directora da colección, do autor e da editorial.

A tradución ao xaponés dun traballo elaborado na Facultade de Humanidades pon de manifesto a relevancia da investigación que, no campo das Letras, se desenvolve na USC.

Fonte: http://xornal.usc.es