O REITOR DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA E O PRESIDENTE DE SOGAMA ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN
O reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, e o presidente de Sogama, Luís Lamas Novo, asinarán mañá, xoves, 15 de xullo, un convenio de colaboración.
O acto de sinatura terá lugar na Sala de Xuntas da Reitoría ás 12:30 horas. Xunto co reitor estará o vicerreitor de Infraestruturas e Xestión Ambiental, Xosé Lois Martínez, e o director da Oficina de Medio Ambiente da UDC, Manuel Soto.
O obxectivo do convenio é realizar na Universidade da Coruña unha experiencia piloto de compostaxe dos residuos orgánicos procedentes dun comedor universitario.
Fonte: http://www.udc.es