O Observatorio Astronómico Ramón María Aller organiza hoxe, luns 19, un "anoitecer de verán" que consiste nunha xornada pública de observación astronómica de dúas horas a partir das dez da noite.
Os organizadores agardan poder contemplar os planetas Venus, Marte e Saturno despois da posta do Sol, xunto coa lúa en cuarto crecente e algunhas estrelas de referencia.
Con obxecto de ter un control de asistencia, precísase que as persoas interesadas contacten co Observatorio ben por teléfono (981 592747, de 12 a 14.30 e de 18 a 20 horas) ou ben por correo electrónico: oasec@usc.es.
Fonte: http://xornal.usc.es