Oficina CEER
 25-03-2007
Innovación e industria creará software libre para as pemes galegas

A Consellería de Innovación e Industria, en colaboración cas tres universidades galegas, destinará 70.000€ para o desenrolo de ferramentas informáticas libres para as pequenas e medianas empresas.

O proxecto pretende "dotar ás pemes galegas de ferramentas gratuitas dun enorme potencial e capacidade de adaptación á súa actividade económica", informou este departamento da Xunta nun comunicado.

A escola superior de Enxeñería Informática de Ourense, que realizará un estudo sobre as solucións de ferramentas informáticas gratuitas de xestión, detectará aquelas solucións máis adecuadas que serán implantadas de maneira experimental en empresas para comprobar o seu rendemento real.

Pola súa parte o departamento de Matemáticas da Universidade de Santiago e da Universidade da Coruña, centrarase na búsqueda de aplicacións de simulación numérica.