Oficina CEER
 23-07-2010
REPRESENTANTES DE ESTUDANTES DEBATEN NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA SOBRE A SITUACIÓN DA EDUCACIÓN SUPERIOR

Organizado polas delegacións de alumnos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, pola Escola Universitaria de Relacións Laborais de Ferrol e a Escola Politécnica Superior, representantes de estudantes universitarios de diversas áreas están reunidos desde hoxe e ata o sábado, 24 de xullo, na Sala de Prensa da Reitoría da Universidade da Coruña para analizar e debater a situación da educación superior en España.

A organización programou diversas mesas de traballo en sesións de mañá e tarde, nas que se tratarán temas específicos deste sector como a participación e a representación estudiantil nos órganos de goberno e na toma de decisións das universidades, o estatuto do estudante, a gobernanza ou o financiamento das universidades.

Fonte: http://www.udc.es