Oficina CEER
 26-03-2007
Personalidades da USC e UPorto reúnense en Compostela para coordinar a creación dun Museo Virtual Universitario do CEER

O reitor da USC, Senén Barro, recibiu no seu despacho de San Xerome ao prorreitor da Universidade de Porto, Manuel Janeira, que estivo acompañado pola Dra. Luísa Garcia Fernández e o Enx. João Martins. Na recepción estiveron ademais presentes o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández, o director da Fundación CEER, Carlos Ferrás Sexto, o profesor Pedro Saco, a vicedirectora do Museo Luis Iglesias, Teresa Taboada, e Xan Guerra, membro do persoal do Museo.

Esta benvida deu paso a unha xuntanza entre as personalidades da Universidade de Porto e da USC para coordinar o desenvolvemento do Museo Virtual Universitario do CEER que agrupará de xeito telemático os recursos do patrimonio científico e histórico artísticos das seis universidades que forman parte do CEER.

A finalidade da creación deste museo é permitir ós investigadores e á comunidade universitaria en xeral acceder á información científica dispoñible nos museos da Eurorexión mediante un Portal Web que disporá dun sistema multimedia avanzado (buscador, imágenes, vídeos, sonido digital, animaciones, 3D, Realidad Virtual, ...). O proxecto encádrarse no marco do programa Interreg III financiado pola Unión Europea e executado pola Fundación CEER.

As universidades individualmente e a partir da utilización desta ferramente telemática disponiblizarán en rede o acceso universal para a comunidade universitaria eurorrexional de Galicia e do Norte de Portugal, cuantificada nuns 160.000 estudiantes e 12.000 profesores e investigadores, dun importante acerbo de material científico dixitalizado referido á historia natural e ao patrimonio cultural que lles é propio.

O Museo Virtual Universitario do CEER nace co obxectivo de difundir a cultura científica e o patrimonio univesitario, tanto a nivel de divulgación entre escolares de primaria e secundaria da eurorrexión como, tamén, de procurar o traballo colaborativo e de sinerxias e complementarieadade entre as comunidades universitarias conformadas por profesores, investigadores e alumnos.