O triunfo da sublevación en Galicia marca o inicio dos anos de medo e fame, durante os cales a represión e a miseria se ceban sobre os sectores sociais que máis se destacaran na mobilización política e social durante a Segunda República. Anos de morte e de penuria, de cárceres e de vexacións. Máis tamén un tempo no que a sempre permeable fronteira luso-galaica convértese nun espazo privilexiado no que se mesturan e entrecruzan as vidas de milleiros de homes e mulleres de ambas as dúas beiras da raia. Historias de fuxidos e de guerrilleiros, de contrabandistas e de prófugos, de solidariedade e de colaboracionismo, de procura da supervivencia individual e de loita antifascista, de exilio e de acollida...
Neste contexto, algúns dos máis reputados investigadores de ambos os dous países, Galicia e Portugal, daranse cita en Ourense co obxecto de debater e poñer ó día os traballos ca realizados, realizar un balance dos logros conseguidos, formular novas perspectivas de análise e abrir liñas futuras de investigación no campo da Historia.
Entidades colaboradoras:
-Universidade de Vigo
-Universidade de Santiago
-Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro
-Universidade Nova de Lisboa
-Fundación Vicente Risco
-Asociación Amigos da República
-Consellería de Cultura
-Ministerio de Cultura de Portugal