Oficina CEER
 06-09-2010
PRETO DUN CENTENAR DE CIENTÍFICOS DE EUROPA, XAPÓN, INDIA E ESTADOS UNIDOS ASISTEN NA USC Á ESCOLA INTERNACIONAL ‘EUROSCHOOL ON EXOTIC BEAMS’

O programa arranca analizando a física do botafumeiro.

Analizando a física do botafumeiro, a décimo sétima edición da escola internacional ‘ Euroschool on Exotic Beams’ arrancará o vindeiro luns, dia 6 o seu programa. A sesión inaugural celebrarase a partir das 16:00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) coa asistencia de mais de 80 científicos de Europa, Xapón, India e Estados Unidos.

A xornada inaugural estará presidida polo vicerreitor de Estudantes e Formación Continua, Francisco Durán, quen dará paso á conferencia aberta ao público que o catedrático da Universidade Politécnica de Madrid Juan R. Sanmartín pronunciará sobre a botafumeiro.

O programa académico desta escola estenderase entre os días 4 e 10 no Colexio Maior Fonseca co obxectivo central de propiciar un foro de formación e encontro para estudantes de doutoramento e novos doutores, traballando no campo da Física Nuclear con feixes radiactivos.

Actualmente, a organización da escola se articula en torno a un panel de directores, entre os que se atopa a profesora Dolores Cortina, responsable desta edición en Compostela. Cun amplo recoñecemento internacional, a Escola creouse en 1993 partindo da iniciativa dun grupo de docentes e investigadores ata converterse nun proxecto europeo no que participa España e cuxa sede é itinerante.

Fonte: http://xornal.usc.es