Oficina CEER
 24-09-2010
XORNADAS EMPRESA-PROTECCIÓN DE DATOS- ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Vivimos un momento de auténtica revolución tecnolóxica, organizativa e empresarial, con especial repercusión nas relacións comerciais e a decidida aposta das institucións públicas pola e-administración.

Neste contexto, faise preciso crear e transmitir confianza aos usuarios das novas tecnoloxías para que ceda os seus datos de carácter persoal e que estes vaian seguros e protexidos polas redes de ordenadores.

O éxito do verdadeiro despegue do comercio electrónico e das relacións informáticas coa Administración dependerá da seguridade ofrecida para que os cidadáns as utilicen.

Por todo isto resulta fundamental darlle a coñecer á sociedade, desde distintos puntos de vista, as implicacións da normativa sobre protección de datos no desenvolvemento de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías.

Este é o obxectivo das I Xornadas Empresa- Protección de Datos, organizadas polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Xunta de Galicia, en colaboración coa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e o Centro de Estudos Cooperativos da Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información en: www.cpeig.org, ou a través do enderezo electrónico: eventos@cpeig.org

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Información Xornadas