Fundación CEER

Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia - Norte de Portugal

Unha ferramenta ao servizo das universidades públicas da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal

Máis información

Novas e eventos

Mantente ao día das nosas novidades e eventos

O obxectivo do proxecto CAPRIF-CC (Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático) é o impulso e apoio á creación de iniciativas innovadoras de xestión multifuncional do monte con comunidades rurais. Este primeiro “Living Lab” congregou a máis de 25 persoas e entidades relacionadas coa xestión multifuncional do monte e durante o mesmo compartíronse situación de partida e os resultados aos que aspira cada comunidade de montes

Os diarios dixitais, webs e redes sociais das universidades públicas da Eurorrexión fanse eco do 20 aniversario da Fundación CEER (Centro de Estudos Euro Rexionais Galicia-Norte de Portugal).

Alianza Estratéxica

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal continúa sendo unha das rexións transfronteirizas máis activas na captación de fondos europeos. Traballar a favor da cooperación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é o compromiso prioritario da Fundación CEER.

A través de distintos programas europeos, dende a súa creación no ano 2004, a Fundación CEER participou no lanzamento e xestión de diferentes proxectos coa captación de máis de 20 millóns de euros para o financiamento de máis de 20 proxectos de cooperación.

A través da cooperación transfronteiriza eficiente gañamos todas e todos, nun clima de confianza mutua que consegue estimular os negocios e o traballo conxunto. Apostar pola intelixencia, no traballo, no esforzo e na inclusión, contribuíndo á transferencia do coñecemento, os avances e as ferramentas xeradas no marco das universidades ao servizo da sociedade.

Proxectos destacados

  • Green Gap
  • Iacobus
  • Atlantic Sunset
  • Renatur Outes
  • Atlantic Positive
  • UNISF