- Principal - Responder - Estadísticas - Registrarse - Buscar -
Foros FCEER / Formación académica adaptada ao mercado, si ou non? / É a adaptación ao mercado laboral un perigo para a independencia das universidades?
Autor Mensaje
admin
Administrador
# Publicado: 8 Oct 2009 09:24


Estes últimos anos xurdiu un interesante debate sobre se acercar as universidades ao mundo empresarial podía ser entendido como un menoscabo da independencia das universidades. Considerades que isto é así ou pola contra credes que unha universidade ten que estar directamente relacionado co mundo empresarial?

danidieguez
Miembro
# Publicado: 13 Oct 2009 16:37 - Editado por: danidieguez


Como recén titulado que estou a vivir a miña incorporación ao mundo laboral e a dos meus compañeiros, opino que a Universidade está totalmente desconectada da sociedade que a financia e para quen traballa.

Moitas persoas pensamos que a Universidade Pública (financiada por todos) debe estar ao servizo do mundo empresarial. Non é lóxico que un titulado chegue ao mercado laboral sen coñecer a realidade das empresas ou que alguén poda ser Licenciado en Administración e Dirección de Empresas con só 135 horas de experiencia no mundo real (fóra da Facultade).

Así, cando vamos a buscar traballo sempre nos piden a famosa 'experiencia', xa que co obtido na Universidade non estamos preparados para cumplir co que necesitan de nós.

Por tanto, doulle a benvida a Bolonia se realmente implica que os nosos alumnos van a estar mellor preparados para afrontar os seus retos persoais e os que a sociedade lle solicita.

Anónimo
# Publicado: 14 Oct 2009 09:46


Eu concordo totalmente con Danidieguez. Non creo que haxa que vender a universidade as empresas, pero estas deben coordinarse máis coas empresas e o sector productivo onde se insiren.
É unha mágoa que as veces se manteñan carreiras por cuestións políticas, hai que racionalizar o gasto e crear plans estratéxicos que definen que o que queremos. Como existen carreiras duplicadas nas que non hai alumnos, por que non se xuntan estas carreiras?.
Queda moito por facer e coido que o proceso de Boloña pode ser moi útil para as nosas excesivas carreiras teóricas.

preto
# Publicado: 21 Oct 2009 17:32


Xa pero logo veñen os das organizacións de estudantes e nos dín que as empresas nas universidades o único que buscan é o negocio... E veña máis universidade como fábirica de funcionarios. E quen fai a innovación? e quen crea as empresas e os postos de traballo? así imos mal. A empresa pode entrar na universidade para colaborar non para dirixir... somentes fai falla vontade e sentido común... O CEER pode ser moi interesante para establecer pontes e diálogo... adiante pois e parabéns pola web...

Su respuesta
Estilo Negrillas  Estilo Italico  Estilo Subrayado  URL De La Imagen  URL De La Web  Sin código BB *¿Ayuda?

 » Usuario  » Contraseña 
 Puedes Poner "Tu Nick" Sin Pass, Solamente Si El Nick No Esta Registrado Por Otro.