- Principal - Responder - Estadísticas - Registrarse - Buscar -
Foros FCEER / Ciencia na Eurorrexión / A educación científica e a sociedade actual
Autor Mensaje
admin
Administrador
# Publicado: 20 Sep 2010 12:16


É útil a educación científica? Que papel credes que ten a ciencia na sociedade, na educación, no día a día? Cal é a importancia que lle outorgades á educación científica? Que materias e coñecementos credes máis proveitosos para administrarse e tomar decisións na vida cotiá e enfrentarse e integrarse autónomamente nela? É bó o noso nivel en ciencias? Comprendemos do mesmo modo as noticias científicas e políticas da prensa?

No seguinte artigo sinálanse algunhas das implicacións da ciencia e a tecnoloxía na sociedade actual, e fala de diversos aspectos da ensinanza das ciencias. Cal é a vosa opinión?
http://www.unesco.org/education/educprog/ste/pdf_f iles/curriculo/cap1.pdf

rebeca
Miembro
# Publicado: 27 Sep 2010 13:29


A educación sempre é últil e a ciencia é imprescindible para o avance da sociedade. Sen embargo, fora dos grandes hitos da historia como o descubrimento da luz, o teléfono e outros centos de exemplos, a miña percepción é que a cidadanía non é consciente da importancia da actividade investigadora. Hai programas como os da Semana da Ciencia para divulgar á ciencia e concienciar á sociedade da súa importancia, pero vexo que non son máis que subvencións para actividades chorras, que teñen como fin a captación de fondos por parte das entidades beneficiarias.

Bugs
# Publicado: 27 Sep 2010 16:28


carallo!pro é un tema q da para opinións ben longas..resumindo,diría q o meu nivel en ciencias éche moi deprimente,pro aínda así mellor q o dos rapaces d hoxe en día..asín q habería q dar caña a quen corresponda pq sí penso q se debería d dar unha formación científica mayor ós nosos rapaces da q se lles da ;)

Demostenes
# Publicado: 28 Sep 2010 13:25


Creo que non temos o menor criterio á hora de ler moitas das noticias científicas, e moitos periodistas nin idea á hora de escribilas: lembro verdaderas barbaries en noticias de ciencias. Se nin sequera se coida e aprecia ese aspecto de forma profesional como se vai a inculcar a nivel social en xeral (e que criterio imos ter a hora de xulgar a súa veracidade?). Hai moitas respostas a todo isto, pero falando desto en concreto crearía unha especialidade seria de periodismo científico, para que poideran informar á xente de maneira verídica sobre o que pasa no mundo no eido das ciencias.

Laura
# Publicado: 30 Sep 2010 12:19


De feito, o "periodismo científico" sería unha idea xenial de especialización para integrar e educar máis a sociedade na ciencia e no desenvolvemento científico, que atañe a todos nós. Vexo que moitos din "de boquilla" que a educación científica é importante, pero non sinalan todas as cousas que suceden a cotián (e que temos como normais) que son un parón para este avance. Incluso os nosos políticos lexislan en contra do avance da I+D+i, ou a limitan (e con ela o progreso, a saída da crisis dunha maneira máis duradeira...). Entón... se eles non están "educados", como o van a estar os nosos nenos? Cal vai ser o noso futuro?

blanca.puig@usc.es
# Publicado: 4 Oct 2010 19:17


A educación científica é, baixo a miña opinión, un dos eixes centrais para a formación de persoas con capacidade crítica, cunha opinión propia sobre asuntos relacionados coa ciencia. Dito doutro xeito, a educación científica, é primodial se o que defendemos é unha sociedade democrática onde as persoas sexan quen de participar de xeito activo na toma de decisións sobre cuestións científicas relevantes para a sociedade.
A formación científica é necesaria no día a día das persoas. Por exemplo, na lectura dunha noticia de ciencia, á hora de apoiar unha postura en relación ao cambio climático, no consumo de medicamentos, á hora de facer a cesta da compra, de elexir o mellor sistema para aforrar enerxía na casa. Porén, por ese exemplo neste último caso, como son asuntos que ademáis de ter unha carga científicia teñen certas implicacións éticas políticas e sociais, tórnanse asuntos afastados da ciencia.


Se botamos unha ollada ao actual curriculum da ESO, vemos que este aparece organizado entorno a 8 competencias básicas, sendo unha delas a "competencia no coñecemento e interacción co mundo físico". Tamén denominada COMPETENCIA CIENTÍFICA.
Todo o alumnado, rematada a ESO ten que ter adquirido estas competencias. Isto pon de manifesto, a relevancia que está a recibir a formación científica na educación. Pola contra, malia recibir esta atención, non é doado para o profesorado traballar co alumnado na súa adquisición. Os documentos curriculares aparecen sobrecargados de contidos e unha das materias que poderían axudar a traballar a competencia científica (Ciencias para el Mundo contemporáneo) dispón de moi pouca carga lectiva, 2 horas se non me trabuco.
A competencia científica engloba unha serie de capacidades, ser quen de aplicar o coñecemento científico en distintas situacións e contextos. Mais, o problema está en que namentres as materias de ciencias continúen cargadas de contidos, isto non é nada doado de conseguir entre o alumnado. E é por aquí por onde debemos comezar...


Entón, deberíamos propoñer un curriculum con menos carga de contidos, incluíndo as materias de ciencias, de tal xeito que nelas se poidan desenvolver actividades encamiñadas a consecución destas competencias entre os alumnos, ou non sería mellor así?

hugoriocosta
Miembro
# Publicado: 5 Oct 2010 04:22


Ola,

Mais uma vez este tema no centro da discução.

Sempre achei que a educação científica, em certa medida, tem um efeito colateral na creatividade.

É por aqui que se distinguem os cientistas dos inventores.

Os cientistas aplicam um método que os limita, deontologicamente e criativamente. Os inventores não...

Ao tornar a educação demasiado virada para a sua dimensão científica, estamos a desvirtuar a capacidade criativa dos educandos.

Hugo Rio Costa

M
# Publicado: 22 Feb 2011 12:40


Non penso que sexa incompatible ser un científico e un inventor. Máis ben, non sería moi viable ser o un sen o outro para determinadas patentes (fai falla coñecementos, técnica, aplicación do método científico). Iso sí, as veces na ciencia fai falla imaxinación, que non todo o mundo ten. E curiosidade, hai moitas máquinas traballando e facendo investigación, pero non innovación nin descubrimentos por ter ese xeito de "ver".

Su respuesta
Estilo Negrillas  Estilo Italico  Estilo Subrayado  URL De La Imagen  URL De La Web  Sin código BB *¿Ayuda?

 » Usuario  » Contraseña 
 Puedes Poner "Tu Nick" Sin Pass, Solamente Si El Nick No Esta Registrado Por Otro.