- Principal - Responder - Estadísticas - Registrarse - Buscar -
Foros FCEER / Existe unha verdadeira cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal? / Como podemos impulsar a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal?
Autor Mensaje
admin
Administrador
# Publicado: 8 Oct 2009 09:18


Existen algúns mecanismos de cooperación transfronteriza, fondos europeos, institucións como o CEER, pero que falta para que a cooperación entre ambos territorios sexa máis eficente?

ronco
# Publicado: 21 Oct 2009 17:28


Pois creo que establecer relacións reais e non de propaganda como ata de agora... Moito presumir nos periódicos os alcandes e os políticos pero mira por onde que sen a xente dificilmente poderemos cooperar...
A ver si deixamos de enredar con cousas que aparecen e desaparecen según haxa ou non cartos europeos!!!! non é serio!!!! todas as lerias dos concellos e do eixo atlántico parece que se moven a golpe de cartos europeos e cando non os hai ala vai... esperemos que as universidades non fagan o mesmo...

Lele Sorribas
# Publicado: 11 May 2010 12:51


Creo que hay que combinar las acciones de propaganda con verdadera difusión. Todavía me sorprendo muchas veces con gente que no sabe lo que es la Eurorregión, ni que instituciones tiene. Es decir, habría que empezar de cero en algunos aspectos básicos para crear sentimientos de pertenencia y generar valor a las acciones de cooperación.
Esta labor le corresponde a universidades, instituciones locales, regionales, eurorregionales y a medios de comunicación (y a la población)

Xan Bautista
# Publicado: 25 May 2010 13:16


25/05/2010
bos dias
Un Novo "Couto Mixto" da Eurorexión Gallaecia- rexion ultraperiferica da UE
coma forma ancestral de recrear a gran escala a union dos pobos da "liña" como na antiguedade pero pra toda a Eurorexion de Gallaecia
Empezando con a recreazon dos "mitos" compartidos é as suas historias entergas

Neste tema e importante a denominación coma da Gallaecia, ou outro nome antergo, (pra min é a única forma real de chamarlla), xa nos daría unha inicial posta en "común unha identificación "civil" eliminando
a visión "histórica deturpada polo poder nos fixo estar de costas, sendo a misma "familia", polo que habería que "releer" aos devanceiros, pra considerar en que se fallou, é eliminar estas disparidades de opinions (a favor é en contra).
Evidentemente somos unha misma "zona-país" de antergo con peculiaridades distintas que temos que aproveitar, e sobre todo traballar sobre elas, e non deixar a que os governos centrais, nos indiquen o condicionen o camiño a seguir
Dende a separación as dúas partes foron perdendo identidade, sendo como eran a vangarda dos dereitos civís de europa (libros de cabalerías son de eiquí, e os dereitos igualitarios nacen nesta Gallaecia, dereitos denostados polo poder relixioso latino (paternalista e misóxino) e os seus "criados" os reises a deuda de Roma ou das ordes relixiosas
Economicamente, nos apartamos do núcleo o central, polo que as nosas inquedanzas deben ser facer unha unión real-virtual, a recreazon de mitos ancestrais de loitas e ganancias que se fixo en comun
Non podemos espera os "aviños" pra 20 anos mais tarde

Os portos atlanticos deben estar independentes de Madrid e Lisboa
Porto non debeu consentir o cambeo do AVE de valladolid a madrid-extremadura-lisboa
Porto non debe consentir os dispendios de Lisboa e Madrid en contra dos nosos intereses comuns (portos mediterráneaos sen futuro, aeroportos demasiados centralizados etc
O mundo vai, nos ruteiros mariños que pasan (e non quedan) nas nosas costas, fagamos uns "portos globais" complementarios na Gallaecia,
Esixamos ser unha rexión "periferica" da UE, coa súa Aduana Comercial e leieses particulares
Esixamos o control das nosas inversios dos estados e da UE
Esixamos unha planificación total da Gallaecia , sen "añadidos raros"
Somos unha eurorexion economicamente eficiente si nos gobernasemos sóos
temos os ruteiros economicos nas nosas costas, temos a enerxia necesaria pra o funcionamento industrial competitivo, temos tecnoloxía e ensinaza actual" e temos a "masa de pobaoación necesaria pra sustentala.
Así que eu propoño unha recreazon de "couto misto" na eurorexion Gallaecia (iso de Galicia Norte de Portugal e divisionario)

Din que estamos con idiomas diferentes pero eur considero que son palabras dialectales que se poden sumar no idioma común (acaso non ai formas irregulares noutros idiomas?)
No idioma, o único que ai distinto son as formas "escritas", polo que intentaría facer un diccionario "comun", o fin o cabo son variedades dialectales do idioma inicial, e seguiría a tradición de unión de "rodrigues lopo" un idioma e as 4 variedades dialectais.
do mismo xeito que o mexillon se chamaba de 20 formas diferentes na costa galega, o ter 2 o mais novos enriquece o idioma "comun"
a "ñ" en realidade é un "apocope mediaval " dos escritores da "nh" ¿polo que non facemos "legales" as duas formas dialectaies?
isto das nh e ñ ( a eñe e en realidade un sonido celta- o gaélico como o da jota, que proven da "X", forte como "j"(pra gastar menos en tinta dos mediavais ou jota" ou debil como "sh", tan dificil de pronunciar pra algús
en fin eurorexion Gallaecia, governanza estilo couto mixto, a economía estamos na UE, e polo tanto como dereitos como rexión ultraperiférica

mortosdefame
# Publicado: 10 Feb 2012 01:50


Estou de acordo coa opinión de a cooperación ten sido máis propagandística ca real. Unha cooperación real teríase que notar na sociedade en xeral, non soamente nunhas institucións sen apenas relación coa poboación. Deberíanse realizar políticas e proxectos (prácticos e operativos) conxuntos. Promove-lo coñecemento mutuo (fundamental) e a converxencia de institucións, entidades, empresarios, etc.

Por poñer un exemplo, moitas das políticas que en Galiza se levan a cabo para promover a actividade emprendedora e empresarial, só centra os seus esforzos en Galiza. Se existise unha verdadeira vontade de cooperar, fortalecer e empoderar a Eurorrexión, teríanse posto esforzos en involucrar a parte norte de Portugal, facer partícipe á súa poboación das políticas, proxectos e ferramentas aquí desenvolvidas, como tamén nós os galegos deberiamos ser partícipes das súas.

Deberíanse invertir moitos máis recursos en crear programas formativos conxuntos que fomentasen o coñecemento das diferencias e semellanzas das nosas culturas, dos nosos idiomas (ou idioma, como se prefira), empregar estes lugares de formación tamén como lugares de interactuación, de coñecemento mutuo e intercambio de experiencias.

Nun momento histórico no que dispoñemos de recursos tecnolóxicos eficaces e bastante accesibles, é inexplicable que non se aprobeiten as súas funcionalidades para fortalece-la Eurorrexión. Pódense crear multitude de iniciativas en rede, como poden ser a citada de formación ou a creación de redes sociais (con contidos e obxectivos concretos).

E por suposto debe realizarse un esforzo por facer toda esta información á poboación. Medios hainos, fallan as estratexias. Insisto, é difícil afondar nunha cooperación real cando non se sabe moi ben de qué se está a falar, qué se pretende, qué é o que se pode conseguir.

tifenni
Miembro
# Publicado: 31 Ene 2013 06:45


To see MapleStory Mesos and http://www.mmolive.com/ world in a granda of stand.And a heaven in a wild flower.Hold infinity in the palm your hand and eternity in an hour.

Su respuesta
Estilo Negrillas  Estilo Italico  Estilo Subrayado  URL De La Imagen  URL De La Web  Sin código BB *¿Ayuda?

 » Usuario  » Contraseña 
 Puedes Poner "Tu Nick" Sin Pass, Solamente Si El Nick No Esta Registrado Por Otro.