Nova convocatoria do programa ‘Youth4Cooperation: Cross-Border Ambassadors’

Volver atrás
Nova convocatoria do programa ‘Youth4Cooperation: Cross-Border Ambassadors’

Tras o éxito da primeira convocatoria de “Youth4Cooperation: Embaixadores transfronteirizos”, ‘The Border Focal Point Network' anuncia a apertura dunha segunda convocatoria.

A “Rede de Puntos Focais Fronteirizos” (‘The Border Focal Point Network', o seu nome orixinal) é unha rede profesional á escala da UE que reúne a expertos en cuestións transfronteirizas. Esta rede ten como obxetivo promover unha interacción transfronteiriza máis sinxela, abordar as barreiras legais e administrativas existentes e fomentar a posta en común de servizos transfronteirizos.

Esta nova iniciativa da 'Border Focal Point Network', organizada en colaboración con ‘Youth4Cooperación’, é unha oportunidade para que mozos e mozas de toda Europa interesados/as ​​en cuestións transfronteirizas interactúen coas institucións europeas e promovan solucións transfronteirizas na súa rexión. Esta segunda promoción de embaixadores/ as tamén terá o privilexio de recibir unha invitación persoal da DG REGIO (esto é, da “Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana”) da Comisión Europea para participar en persoa no evento “Mocidade para a Cooperación Futura” que se celebrará en Bruxelas o 15 de novembro de 2024.

A data límite para recibir solicitudes é o 10 de setembro do 2024.

 

Todos os detalles nos enlaces a continuación:

-‘Youth4Cooperation: Cross-Border Ambassadors’, https://futurium.ec.europa.eu/en/border-focal-point-network/news/call-applications-youth4cooperation-cross-border-ambassadors-second-edition

-‘Border Focal Point Network’, https://futurium.ec.europa.eu/en/border-focal-point-network