Primeira xornada formativa do proxecto CAPRIF-CC no Macizo Central

Volver atrás
Primeira xornada formativa do proxecto CAPRIF-CC no Macizo Central

A Fundación CEER organiza a primeira xornada formativa do proxecto CAPRIF-CC no Macizo Central (Laza, OU) o luns 22 de xullo.

A Fundación CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia - Norte de Portugal) no marco do proxecto "Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes ante Incendios Forestais e Cambio Climático" (CAPRIF-CC), organiza este luns 22 de xullo en Laza (Ourense) unha formación sobre la valoración dos recursos dos nosos montes, con especial atención ao turismo, ás prácticas sostenibles e ás certificaciones forestais da mán de varios expertos. Estas temáticas foron identificadas como prioritarias por parte dos asistentes ao primeiro obradoiro participativo (Living Lab) que tivo lugar o pasado día 20 de xuño en Laza, no marco do proxecto.

INSCRICIÓN

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico á Fundación CEER (corunatec@fceer.org) ou a través do teléfono 627 975 615.

PROGRAMA

17.00 – 17.10h.- Presentación | Fundación Juana de Vega
17.10 – 17.15h.- Presentación dos relatores | Fundación Centro Estudios Eurorrexionais
17.15 – 18.15h.- Relatorio: «Turismo sostenible e posta en valor dos recursos patrimoniais dos montes» | Óscar Blanco Somoza
18.15 – 19.15h.- Relatorio: «Valorización de los recursos forestales a través de prácticas sostenibles» | Francisco Pedras Saavedra
19.15 – 20.15h.- Relatorio: «Certificaciones forestales y recursos ecosistémicos» | Marcos Estévez
20.15 – 20.30h.- Despedida e peche | Fundación Juana de Vega e Fundación CEER

 

O proxecto CAPRIF-CC, que se desenvolve ata finais de 2025, está promovido pola Fundación Juana de Vega, a Fundación CEER, a Fundación CETEMAS, a Asociación 
Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola, y conta co apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico 
(MITECO), en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea cos fondos Next GenerationEu.

 

 

NP CAPRIF-CC_19-07-2024