Evento. 1ª Xornada formativa Barbanza - Ulla - Sar do proxecto CAPRIF-CC

Volver atrás
Evento. 1ª Xornada formativa Barbanza - Ulla - Sar do proxecto CAPRIF-CC

O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes ante Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) organiza o luns 29 de xulio a súa 1ª xornada formativa no Centro Social do Araño (Rianxo).

O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes ante Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) organiza o luns, día 29 de xullo, no Centro Social do Araño (Concello de Rianxo), unha xornada formativa sobre a valoración dos recursos dos nosos montes, que prestará especial atención á xestión da auga, ás certificacións forestais e ás relacións entre os medios urbanos e forestais. Estas temáticas foron identificadas como prioritarias por parte dos asistentes ao primeiro obradoiro participativo (Living Lab) que tivo lugar o pasado día 13 de xuño en Rianxo, no marco do proxecto.

O proxecto CAPRIF-CC, que se desenvolverá ata finais de 2025, está promovido pola Fundación Juana de Vega, a Fundación CEER, a Fundación Centro Tecnolóxico e Forestal da Madeira (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola, e conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea cos fondos Next GenerationEu. 

 

PROGRAMA
17.00 - 17.10. Presentación. Fundación Juana de Vega.
17.10 - 17.15. Presentación dos relatores. Fundación CEER.
17.15 - 18.15. Relatorio: "Certificacións forestais e Servizos dos ecosistemas”. Marcos Estévez (Enxeñeiro forestal e Consultor en bioeconomía)
18.15 - 19.15. Relatorio: "Plan Monte_Urban. Solucións baseadas na Natureza". Francisco Pedras Saavedra. Enxeñeiro Técnico Agrícola e Presidente da Asociación A Monte.
19.15 - 20.15. Relatorio: "Xestión da auga nos montes baixo a perspectiva do cambio climático". Oscar Santaclara (Consultor Enxeñería Forestal e Tecnoloxía da Madeira).
20.15 - 20.30. Despedida e peche. Fundación Juana de Vega e Fundación CEER

INSCRIPCIÓN
As persoas interesadas en asistir poden inscribirse enviando un correo electrónico á Fundación CEER (corunatec@fceer.org )