A Fundación CEER cumpre 20 anos dinamizando a cooperación interuniversitaria dá Eurorrexión

Volver atrás
A Fundación CEER cumpre 20 anos dinamizando a cooperación interuniversitaria dá Eurorrexión

O diario dixital da Universidade de Santiago de Compostela (USC) faise eco do vixésimo aniversario da Fundación CEER, e o calendario de actividades conmemorativas programadas, nun artigo publicado hoxe (martes, 04/06/2024).

Dende que se constituíu en xuño de 2004, a Fundación CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal) serviu de elemento dinamizador das relacións de cooperación entre as seis universidades públicas da Eurorrexión. Co gallo do seu 20 aniversario, a FCEER que actualmentee dirixe o profesor de Xeografía da USC Ángel Miramontes, desenvolverá este ano un amplo programade actividades para dar a coñecer o seu traballo así como os retos de futuro.

A Fundación conta cunha nova páxina web - www.fceer.org- coa que renova a súa imaxe dixital e recolle información sobre todo o traballo de cooperación interuniversitaria da Eurorrexión.

Entre outros eventos, está previsto o desenvolvemento dun macro-congreso organizado no marco do proxecto POCTEP Red Iacobus xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal (GNP, AECT) no que a FCEER presentará os fitos alcanzados nestes 20 anos así como accións futuras.

Xa entre os meses de setembro e outubro terá lugar o acto central de celebración dos 20 anos da FCEER, que reunirá os máximos representantes institucionais eurorrexionais, nomeadamente as 6 universidades públicas da Eurorrexión, a Xunta de Galicia, a CCDRN e a GNPAECT.

Todos os detalles na publicación orixinal do xornal da USC:

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/fundacion-ceer-cumpre-20-anos-dinamizando-cooperacion-interuniversitaria-eurorrexion