Evento. Sinatura dun manifesto a favor do impulso das conexións ferroviarias entre Galicia e Portugal.

Volver atrás
Evento. Sinatura dun manifesto a favor do impulso das conexións ferroviarias entre Galicia e Portugal.

Un manifesto que aposta por priorizar a conexión de alta velocidade entre Lisboa, Porto e Vigo, foi asinado onte en Valença do Minho. Impulsado polos máximos representantes de Galicia e do Norte de Portugal, neste manifesto reclámase ademáis unha mellora do chamado ‘Tren Celta’ que une a Vigo con Porto.

Onte tivo lugar na antiga Alfándega de Valença, xunto á ponte internacional sobre o río Minho, a sinatura do manifesto “Conexión Galicia-Portugal de alta velocidade: unha prioridade evidente”. O acto foi presidido polos presidentes da Xunta de Galicia, Sr. D. Alfonso Rueda Valenzuela, o da CCDR-Norte (Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do NORTE, I.P.) e actual presidente de turno da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, Sr. D. António M. Cunha, sendo o equipo da AECT-GNP, co seu director o Sr. D. Nuno Almeida á cabeza, anfitrión e coordinador do evento.

No núcleo de devandito manifesto están as demandas i.- do ano 2032 como data definitiva para a materialización  do tantas veces anunciado tren de alta velocidade Porto – Vigo; e ii.--a modernización do denominado 'tren Celta', actual conexión ferroviaria entre Vigo e Porto, de modo que frecuencias e horarios cubran as necesidades reais dos seus usuarios/as.

O evento contou tamén coa presencia de representantes de numerosa entidades de Galicia e Norte de Portugal que se adheriron ao manifesto, como presidentes de Cámaras Municipais de Raia, das Deputacións de Lugo, Pontevedra e Ourense, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), representantes sindicais e empresariais de ambos os lados da fronteira, das universidades da eurorrexión e xornalistas.

En representación da Fundación CEER asistíu o seu director, Prof. Dr. Ángel Miramontes, dado que a Fundación ten como obxecto fundacional 'a busca de sinerxias e complementariedades nos eidos académicos universitarios da Eurorrexión coa finalidade de reforzar as vinculacións entre as universidades de Galicia e o Norte de Portugal’ e promover igualmente actuacións vinculadas á cooperación territorial en estreita colaboración coa AECT-GNP, a CCDR-N e a Xunta de Galicia.