Segunda Reunión do Steering Committee do Proxecto Atlantic SUNSET

Volver atrás
Segunda Reunión do Steering Committee do Proxecto Atlantic SUNSET

O xoves 27 de xuño tivo lugar a segunda reunión do Steering Committee do proxecto Atlantic SUNSET. O encontro realizouse de maneira virtual, permitindo a participación de todos os socios do proxecto desde diversas localizacións.

A segunda reunión do Steering Committee do proxecto Atlantic SUNSET tivo lugar o pasado xoves 27 de xuño. Este encontro realizouse de maneira virtual, permitindo así a participación de todos os socios do proxecto desde diversas localizacións.

O evento contou coa participación da Asociación de Turismo Costa da Morte, que realizou unha presentación sobre a experiencia exitosa que está a ter a valorización das postas de sol nesta zona da costa española.

Informouse o resto de socios que o proxecto estará representado no "35 Congreso Xeográfico Internacional (GIC) 2024" en Dublin e no pre-meeting de Galway para a comisión de turismo, así como na "II Conferencia Internacional de Astroturismo" e o "VII Encontro Internacional Anual Starlight".

Presentouse ademais a web do proxecto que pode ser visitada en https://atlanticsunset.eu/ .

Durante a reunión, revisáronse os progresos do proxecto e discutíronse as próximas etapas a seguir. Ademais, presentáronse informes detallados sobre o progreso / os avances en diferentes accións e establecéronse metas claras para o seguinte semestre.

 
O proxecto Atlantic SUNSET continúa avanzando con firmeza, impulsado polo compromiso e a dedicación de todos os seus socios. A próxima reunión do Steering Committee está programada para decembro deste ano.